
Viva a arte!
As nenas e nenos de primeiro de primaria remataron o terceiro proxecto deste curso, e non poden estar máis ledas e ledos co resultado!
Este Museo está moi Vivo era o título do proxecto a través do cal traballaron a arte en numerosas formas. Compartiron dinámicas de debuxo e creatividade co alumnado de infantil e cos nenos e nenas de sexto de primaria. Crearon fermosos murais nos que cada cativo foi dalgún xeito protagonista. Ademais, puideron visitar o emblemático Museo do Pobo Galego, do que saíron entusiasmados.
Grazas ás profesoras pola dedicación e implicación, e ao alumnado pola súa participación e colaboración!
Continuamos co seguinte proxecto con moitas ganas e ilusión!



