
VISITA DAS MADAMITAS DE CERQUEDA
Galicia está chea de tradicións, e no Entroido énchese de celebracións, festas e diversión.
Nesta mañá de venres, grazas as persoas que colaboraron con nós, achegamos un anaquiño do Entroido galego aos nenos e nenas de infantil coa visita das Madamitas de Cerqueda, que nos explican as súas vestimentas e tradicións que xiran ao redor delas.
Xa na aula, coñecemos a máis personaxes populares do noso Entroido : os Peliqueiros, Os Xenerais da Ulla e Madamitas; e elaboramos complementos que os caracterizan.
E celebrando a nosa tradición, damos por rematada esta semana de Entroido!




