
Viaxamos á Prehistoria
O alumnado de 4º de primaria acaba de rematar o segundo proxecto deste curso, e a experiencia non puido ser máis emocionante!
Sabemos que un dos momentos favoritos dos nenos e nenas son nos que traballamos os proxectos. O alumnado é o protagonista da súa aprendizaxe, ten un papel activo e constrúe os seus coñecementos namentres que investiga e traballa en equipo.
A través deste proxecto somerxémonos nas tres etapas da Prehistoria. As nenas e nenos tiveron a oportunidade de manipular algúns materiais semellantes aos que marcaron a etapa. Podemos destacar como actividades realizadas: a elaboración dun tríptico, as cuncas de arxila ou mesmo a construción das vivendas típicas de cada época.
O alumnado, unha vez máis, foi moi activo no proceso de aprendizaxe, conseguindo que esta fose totalmente significativa!








