
Unha visita especial
A semana pasada, o alumnado de 3º de primaria recibiu unha visita moi especial!
As nenas e nenos deste nivel tiveron a sorte de contar coa presenza de Harold Sánchez, policía local de profesión e voluntario internacional. Compartiu connosco a súa labor a bordo do Open Arms no mar Exeo e os proxectos nos que participou no campo de refuxiados de Moria, na illa grega de Lesbos.
Foi unha gran sorte poder escoitar o seu relato e coñecer de primeira man as condicións de vida dos refuxiados sirios e afganos que se ven obrigados a fuxir do seu fogar por mor da guerra.
Esta visita foi un complemento perfecto para rematar o proxecto “A Viaxe”, no que o noso alumnado leva inmerso estas dúas semanas.
Estamos moi agradecidos pola súa colaboración!
