
Unha mañá inesquecible!
Como nos gusta ir ao teatro!
A semana pasada, as nenas e nenos de 4 anos de infantil e o alumnado de 1º de primaria tiveron unha mañá do máis especial: tocou ir ao teatro!
Asistimos ao Auditorio de Galicia para ver a obra de Pedro e o Lobo, que Fantoches Baj acompañada da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela adaptou e representa con fermosas marionetas.
Desfrutamos moito desta saída e agardamos poder volver pronto!


