![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2024/02/IMG-20240131-WA0032.jpg)
Unha abraiante viaxe ás estrelas
As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria tiveron a oportunidade de vivir unha marabillosa experiencia no salón de actos do colexio!
Aínda non puidemos esquecer o ben que o pasamos fai unhas semanas coa actividade de “Navegando polo universo” que tivo lugar no noso colexio.
Íñigo de la Quadra-Salcedo acompañou ao alumnado de 1º e 2º nunha viaxe polo espazo interestelar coa axuda dun planetario móbil que estaba instalado no noso teatro. Puideron ver o noso planeta dende o espazo, observar a Lúa e achegarse a outros planetas do Sistema Solar. Resultou moi impresionante a calidade da imaxe e o lograda que foi a sensación real que tiñamos de estar viaxando a través da nosa galaxia.
Canto aprendemos e que ganas de repetir temos!
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2024/02/IMG-20240131-WA0029-768x1024.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2024/02/IMG-20240131-WA0030-768x1024.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2024/02/IMG-20240131-WA0031-1024x768.jpg)