Sen azucre, mellor!
O que comezou sendo unha visita ao dentista, rematou sendo unha experiencia do máis interesante!
Cando un alumno de terceiro de primaria de noso colexio foi ao dentista, quedou abraiado ao ver uns carteis nos que se mostraban numerosos alimentos que consumimos no noso día a día xunto cos terróns de azucre que conteñen. Os carteis eran moi ilustrativos e impactantes á vez que sinxelos de comprender.
Ao considerar esta información moi importante para compartir cos resto das nenas e nenos do colexio, trasladóuselle á ANPA a idea de conseguir carteis para poñer polo colexio. Non dubidaron un intre e, grazas á súa colaboración, agora temos os nosos corredores cheos de carteis informativos cos que tanto alumnado coma profesorado poden reflexionar un pouco máis acerca das cantidades de azucre que inxerimos sen ser conscientes.
Moitas grazas ás persoas implicadas para que este proxecto puidera saír adiante!