Segunda convivencia do curso
O alumnado de 2.º Bacharelato viviu o pasado venres 20 de decembro a súa segunda convivencia do curso. Un momento perfecto para deixar de lado os aspectos máis académicos do curso e realizar unha serie de dinámicas cos titores e os compañeiros que favorezan a comunicación, a interioridade e o desenvolvemento da competencia de “aprender a aprender”.
Non todo foi reflexión e houbo tamén tempo para agasallos de “amigos invisibles”, risas e un momento final onde se interpretaron unas panxoliñas.