Back

Entrega de premios extraordinarios

O pasado sábado 21 de decembro tivo lugar na Cidade da Cultura a entrega dos premios extraordinarios de ESO, FP, Bacharelato, Ensinanzas Artísticas e esforzo e superación persoal dos últimos cursos.

Nunha cerimonia moi emotiva que contou coa presenza do presidente da Xunta catro alumnos e ex alumnos do noso centro recibiron o seu merecido premio, tanto de ESO como de Bacharelato, así como un premio ao esforzo e superación persoal. Ademais, un antiguo alumno do noso centro de fai xa varios anos foi recoñecido tamén con un premio. Seguramente fomos o centro con maior representación de alumnado e ex alumnado de toda Galicia, do que nos sentimos moi orgullosos.

Mención especial hai que facer de que por terceira vez consecutiva un alumno que cursou o Bacharelato no noso centro acada un premio extraordinario. Mesmo o curso pasado estivemos a pique de que foran dous premios extraordinarios.

En hora boa ás persoas premiadas moi merecidamente polo seu traballo e esforzo, e tamén parabéns para toda a comunidade educativa do centro por colaborar neste éxito.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.