Saída convivencial dos alumnos de 2.º de Bacharelato “Camiño dos Faros”
A mediados de setembro os alumnos de 2.º de Bacharelato disfrutaron dunha excursión dun día á Costa da Morte.
A primeira parada pola mañá foi no Faro do Roncudo na localidade de Corme, onde grazas ao estupendo día puidemos contemplar unha fermosa paisaxe panorámica da ría.
Despois de percorrer 12 duros quilómetros dende o porto de Corme ata Ponteceso, acompañados dunhas vistas que mereceron a pena, recolleunos o autobús para levarnos ata Laxe. Alí tivemos tempo para comer, admirar o mar e gozar dunha estupenda xornada de praia. Rematamos o día tendo a oportunidade de visitar o Dolmen de Dombate, monumento neolítico catalogado como sepulcro colectivo, considerado “catedral do megalitismo”.
Foi unha gran oportunidade para compartir bos momentos cos compañeiros e pechar a nosa última etapa neste colexio.
Lara Ramos e Ángela Suárez