Resultados moi satisfactorios na ABAU
O alumnado de 2.º de Bacharelato do colexio presentado ás probas da ABAU ven de conseguir uns resultados moi meritorios. Un total de 115 persoas conseguiron a calificación de APTO, tendo presentados 118 alumnos, o que supón un 97,5 % de aprobados. A media foi tamén moi alta, un 8,28.
Ademais, case 40 alumnos do colexio, máis dunha terceira parte, conseguiron unha nota de 9 ou superior, polo que serán recoñecidos pola USC como mellores expedientes deste curso o vindeiro xoves 24 de xuño.
Un dos nosos alumnos, Álvaro López Sánchez, conseguiu unha das 10 mellores notas de toda Galicia, chegando a un 13,6 sobre 14, algo do que nos sentimos especialmente orgullosos. Podedes ver a entrevista que lle fixeron no xornal El correo gallego.
Felicitamos a todo o alumnado por estes grandes resultados, que esperamos lles permitan acceder aos estudos que desexan, e estamos seguros de que as persoas que non o conseguiron nesta ocasión lograrano na convocatoria de xullo.
Todo isto non se podería conseguir sen a implicación e o traballo de todo o profesorado do colexio, polo que queremos aproveitar para mostrar o agradecemento e recoñecemento.