Recoñecemento do esforzo académico na ESO
O alumnado de Secundaria Obrigatoria traballou este curso con interese e azos para superar todas as dificultades que se foron presentando nas circunstancias sanitarias que se desenvolveu, fose en confinamento, en illamento por contacto ou en calquera outra.
Da promoción finalista de cuarto saen con expediente de premio extraordinario arredor da vintena de alumnos e alumnas. Todos eles teñen expediente académico cunha media académica por riba de nove puntos.
Cómpre destacar tamén os expedientes de matrícula de honra, concedida aos seis con mellor expediente: Lía Fernández Vázquez, Brais da Torre Sir, Micaela Cancela Rosende, Raquel Soto Sánchez, Carmen López Rial e Ana García Cebeiro.
En hora boa, en particular, aos que acadan este recoñecemento e tamén para os demais alumnos e alumnas da etapa.