Queremos a paz!
Se de algo estamos convencidas no noso colexio é da importancia da educación en valores e, a celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz non podía faltar.
A pasada semana tanto o alumnado coma o profesorado das distintas etapas educativas estivemos dedicando un momento de cada día a reflexionar e sensibilizarnos sobre a paz. Cada mañá reflexionabamos a través de vídeos, contos e testemuños sobre distintas situacións ante as que non podemos pechar os ollos. Tamén integramos actividades dentro das distintas áreas para que a aprendizaxe fora o máis significativa posible.
As nenas e nenos implicáronse e desfrutaron con tódalas dinámicas levadas a cabo. Ademais, mostraron ter unha gran sensibilidade cara as inxustizas así como unha boa capacidade para diferenciar entre o que está ben e o que está mal.