
QUÉ DIVERTIDA A EDUCACIÓN VIARIA
O pasado martes día 28, as nenas e nenos de 5 anos desfrutaron dunha visita á Policía Local de Amio onde nos ensinaron con bailes, bicicletas, cariño e moitos sorrisos, como debemos comportarnos na rúa. Divertímonos moito coas bicicletas e coa ruta semáforo que nos prepararon. Estivo xenial!
Algo tamén moi importante que aprendemos foi que non debemos ter medo á policía porque… está aí para axudarnos sempre que a necesitemos!
Cando algúns de maiores sexamos policías seguramente lembraremos con moito cariño esta marabillosa visita.
Equipo Didáctico de Educación Infantil





