Back

Coñecer para entender

Os dous últimos mércores de novembro contamos coa presenza de Raquel Rey, María e María Camiña, estudantes de último curso de enfermería que ofreceron a súa dispoñibilidade e traballo para colaborar na formación dos nosos alumnos de 4.º de ESO. O tema en cuestión era a regra. O ciclo menstrual, que produtos hai dispoñibles para estar cómoda e non manchar, que vantaxes e inconvenientes ten cada un…Tamén viñeron romper mitos. Parece que aprobamos o Kahoot que nos fixeron!! Na segunda sesión María C. veu a entrar con máis profundidade nas funcións e consecuencias da presenza e diminución de hormonas durante o ciclo. Que bo ser capaz de conectar as nosas emocións co momento do ciclo no que estamos! así poderemos sacarlle partido ás súas oportunidades. Aproveitar toda a enerxía e capacidade de concentración da fase preovulatoria para adiantar deberes, traballos e estudar exames. Utilizar o punto cúspide de creatividade e nivel de enerxía da fase ovulatoria, identificar a fase premenstrual na que nos custa máis esconder as emocións e buscar o descanso e a reflexión na etapa menstrual. Non hai nada como coñecernos, para entendernos e así querernos. Grazas mozas e ata outra!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.