
Presentación da peregrinación europea da mocidade
Esta mañá os maiores de Bacharelato recibiron a visita de voluntarios universitarios da Delegación de Pastoral Xuvenil da Diocese. Viñeron presentar a Peregrinación Europea da Mocidade que terá lugar os primeiros días de agosto en Santiago e que reunirá a máis de 20000 rapaces de toda Europa.
Precisarán voluntarios para a organización de todos os actos, concertos e celebracións que se levarán a cabo durante eses días e de certo que os atoparán entre os nosos alumnos.

