Back

Imos ao teatro!

Durante as últimas semanas, as aulas do primeiro nivel de primaria convertéronse en espazos de explosión artística. Como parte dun novo proxecto NCA, as nenas e nenos estiveron creando as súas obras de teatro e fabricando fermosos monicreques e escenarios para a súa representación.

O profesorado e o alumnado deste nivel comezaron aprendendo diversos contidos relacionados co mundo das marionetas a través da visión de distintas obras e da manipulación de simpáticos monicreques que tivemos a sorte de xuntar nas aulas. A partir de aí tocou poñer a proba a imaxinación e a creatividade para, en grupos cooperativos, deseñar distintas obras de teatro. Os nenos e nenas sentíronse moi emocionados ante a oportunidade de poder crear a súa propia obra, inventando as súas propias personaxes e contextos.

O traballo cooperativo ensina ao noso alumnado a escoitar, a tolerar e a respectar as distintas opinións. Tamén aprenden a importancia de chegar a acordos para intentar dar a mellor resposta posible aos distintos retos que se lles propoñen. Crear unha obra de teatro en grupo cooperativo é todo un desafío e o noso alumnado non o puido facer mellor!

O día da presentación oficial da obra, ademais de desfrutar do contido da mesma, o profesorado puido observar un produto final que era o resultado de moitas horas de traballo en equipo e no que se reflexaron  a mellora en distintas competencias esenciais para o desenvolvemento da persoa.  

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.