
Premios Certame Artes Plasticas ESO e Bacharelato
A ANPA do colexio convocou novamente o Certame de Artes Plásticas para que o alumnado poida seguir expresando cada ano a vea artística que caracteriza aos nosos creadores máis novos.
Nesta edición resultaron gañadores os traballos presentados por Ángela Pampín (Bach.), Adriana Fernández Luna e Uxía del Castillo Cuba (ESO). Todos os que participaron recibiron un diploma que recoñece o seu esforzo e valor creativos.


