Alumnado en INNOVA I+D+i
Os alumnos de 4.º ESO (Alejandra Alonso, Liz De Abreu, Rodrigo Ramos, Pedro Tarrío e Javier Veloso) foron seleccionados, entre máis de 13000 alumnos de colexios e institutos de toda España, para participar no XIII Congreso Iberdrola Innova I+D+i.
O programa dota os participantes dunha amplia visión da ciencia como solución imprescindible ante futuros retos sociais e promove o coñecemento do traballo científico e tecnolóxico levado a cabo a nivel nacional.