Back

Caras de sorpresa, de intriga e de ilusión… Que haberá dentro da aula de plástica?

“Que sería da vida, se non tiveramos o valor de intentar algo novo?”

Vicent Van Gogh

Dentro do internivel de expresión plástica, este terceiro trimestre, estamos a traballar a través de montaxes sensoriais.

A través destas instalacións motivamos as percepcións sensoriais dos alumnos en calquera dos sentidos, xa sexa vista, tacto, olfacto, gusto ou oído. Ten como obxectivo permitirlles aos nenos e nenas interactuar co contorno e explorar o medio que os rodea.

Os nenos e nenas de 4 anos xa puideron gozar da súa tarde entre teas e gomas elásticas, creando, imaxinando e xogando. Spiderman, bailaríns e bailarinas, ninjas, pantasmas, policías, supermán e moitos otros xogos foron os protagonistas das tardes na nosa instalación sensorial.

Encántanos a arte e encántanos imaxinar!

Imos seguir gozando coa arte. Ata a próxima!

LUCÍA VÁZQUEZ

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.