Back

POLAS RÚAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O final de curso sempre se presta como un bo momento para realizar visitas e paseos culturais. Xa sexa polo bo tempo que adoita acompañarnos ou polas ganas de espremer as experiencias no tempo de curso que nos resta, saír ao centro histórico de Santiago de Compostela é un recurso magnífico que os nosos nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil non deixan de gozar.

Camiñar agarrados da man da nosa “parella de ombreiro” mentres lemos os nomes das rúas, saudar os veciños que nos sorrín a cada paso mentres descubrimos a florería, o salón de peiteado, a panadería… Descubrir os bonitos e variados escaparates do barrio, compartir cos nosos compañeiros e compañeiras visitas experiencias propias en certos locais ou lugares que agora saen ao noso paso…

Atravesamos o centro histórico a través das rúas máis principais para logo chegar ao parque da alameda e sentarnos a merendar co son da fonte e a compañía das “Dúas Marías”.

Descansar na praza “do Toural” e visitar a Fundación-Museo Eugenio Granell, onde unha exposición de dragóns coloridos atrapa a nosa atención en lenzos e en papel, ao óleo, acuarela ou tinta xaponesa. Percorrer a terraza deste emblemático edificio e descubrir desde arriba as rúas que adoitamos percorrer da man das nosas familias.

Paseos con amigo, paseos divertidos, paseos ilusionantes que gardaremos con agarimo no peche da nosa etapa de Educación Infantil e quedarán plasmados na nosa memoria con bonitos recordos e belas imaxes a través dos nosos coloridos debuxos.

SONIA FRANCO

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.