Back

O alumnado de bacharelato que participou en Parlamento Xove acada un grande éxito

Este ano o alumnado de bacharelato acadou un grande éxito. O equipo formado por Iria Rey,
Lola Abeijón, Andrés Collantes e Ana García
gañaron despois dunha intensa final contra o Colexio Peñarredonda da Coruña.

Nas semifinais tiveron un enfrontamento deses que nunca se queren ter contra o outro equipo do colexio La Salle formado por Alma Martínez, Hugo Varela, Blanca Noya e Candela Bengoa que fixeron un grande papel.

Ademais Andrés Collantes e Blanca Noya recibiron o seu premio como mellores oradores desta edición.

Parabéns tanto aos gañadores coma aos semifinalistas polo seu esforzo e aprendizaxe. Agora o primeiro equipo ten que decidir onde vai de viaxe. Difícil elección.