
Plan titorial de Secundaria
Comezamos as actividades do “Plan director para a convivencia escolar” co alumnado de 1.º e 2.º de ESO.
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís etc.; estas son charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade.