Pedro Vázquez Sánchez-Agustino na Fase Internacional do Modelo de Parlamento Europeo
Entre os días 19 e 25 de xaneiro o alumno do colexio Pedro Vázquez Sánchez-Agustino, de 2.º de Bacharelato A, participou na Fase Internacional do Modelo de Parlamento Europeo celebrado en La Haya. Toda unha experiencia ao alcance de moi poucas persoas e que ninguén mellor ca el para explicar:
Aínda que a sigla MEP significa “Model European Parliament” para min significa tamén: Misterio, Experiencia e Perseverancia. O MEP es un continuo Misterio porque a incertidume está presente sempre, iso si, grazas á Perseverancia ese misterio pouco a pouco vaise desvanecendo. Crer en ti mesmo e loitar polo que aspiras é a clave. E non esquezamos a Experiencia, pois esta iniciativa é capaz de crear ese espírito crítico, coñecemento… tan necesarios hoxe en día.
Precisamente, isto mismo foi todo o que vivín en primeira persoa na Sesión Internacional celebrada en La Haya. Tras pasar por unha primeira fase, a autonómica, e ser clasificado a unha nacional no Congreso dos Deputados vivindo experiencias inolvidables, finalmente, fun seleccionado para acudir á Sesión cumbre, a internacional. Durante cinco intensas xornadas a palabra era el pilar das discusións, adémais do intercambio de opinión entre persoas que comparten inquietudes similares, coas que consegues forxar unha amizade que perdurará ao longo do tiempo pese á distancia que nos separa entre países. A oportunidade no só de debatir e sentirte como un verdadeiro europarlamentario, senón a de poder coñecer o abano de culturas dos diferentes países europeos, proporcionándoche unha ampla visión do mundo no que vivimos.