Back

Parlamento Xove 3.º de Secundaria


O equipo de 3.º de ESO alcanca a fase final do Torneo de Debate Parlamento Xove na súa edición de 2025, tras clasificarse en segunda posición ao terminar a fase clasificatoria, na que participaron 28 equipos, que se celebrou os días 14 e 15 de marzo no Carballiño (Ourense).Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha competición na que os diversos equipos inscritos investigan e debaten sobre un tema formulado pola organización.

Na edición deste ano, o tema de debate da fase clasificatoria foi: ”Compénsalle a Europa apostar pola reindustrialización?”.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e grupales (destacando o desenvolvemento da capacidade de selección de información, expresión oral, orixinalidade e a argumentación razoada) á vez que fomenta a lectura, a escritura, o emprego de novas tecnoloxías con fins informativos e culturais así como o respecto polas ideas dos demais.

Os estudantes Jacobo Troitiño (argumentador inicial), Sofía Blanco e Noela Cores (refutadoras) e Paloma Coucheiro (conclusora); coordinados polos profesores Monica de Soto e Xan Guillén enfrontáronse ao IES Muralla Romana, IES Luís Seoane e ao IES Rafael Puga Ramón gañando os tres debates. Ademais a alumna Noela Cores levou o premio a mellor oradora do torneo.

Aínda non hai tema, nin data, para a fase final polo que toca descansar, recuperar forzas e frescura co obxectivo de afrontar a fase final nas mellores condicións.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.