Back

Parabéns, Uxía!

Sempre é moi grato o poder compartir boas noticias. Hoxe recibimos unha boa noticia para a nosa alumna Uxía Iglesias Saco de 1º de Bacharelato, ao ser publicada, por parte da Xunta de Galicia, a resolución dos premios extraordinarios de educación secundaria ao rendemento académico do pasado curso e atoparnos con que Uxía aí estaba, entre os 20 premios concedidos.

Non é fácil optar ao premio, xa que o requisito para poder optar é ter unha media de 9 ou máis puntos entre os catro cursos da secundaria e, ademais, realizar un exame xeral de coñecementos da etapa. Uxía cumpriu con fartura estes requisitos e de aí o premio logrado.

Felicidades Uxía por este logro e tamén por servir de referente aos que veñen por detrás de que, con esforzo e traballo, estes premios pódense conseguir.

Agora xa na etapa de Bacharelato, desexámosche que sigas con éxito a etapa e que poidas optar a poder elixir o que queiras para o teu futuro.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.