Parabéns aos nosos artistas!
Manos Unidas felicita ao noso alumnado polo seu éxito no concurso de tarxetas de nadal!
Este ano, unha vez máis, as nenas e nenos do colexio participaron de maneira voluntaria no concurso de postais de nadal lanzado por Manos Unidas que ten como obxectivo sensibilizar nestas datas tan destacadas.
Participaron máis de 850 tarxetas de nenos e nenas de distintos colexios. Cada ano é maior a participación e a calidade e creatividade dos traballos presentados. Nótase que, polo xeral, hai unha gran concienciación nos colexios e así o transmite o alumnado nas súas obras de arte.
A nosa alumna Ximena Marcos levou o terceiro premio da primeira categoría. Ademais, Enzo Couso recibiu unha mención especial pola súa orixinal tarxeta.
As obras de todos os participantes do concurso estarán expostas para todas as persoas que desexen velas na Biblioteca de Ánxel Casal durante estas semanas de nadal. Os premios para o alumnado repartiranse á volta das vacacións.