Paisaxes agrarias de Galicia
O luns 15, os alumnos da clase de Xeografía de segundo de bacharelato tiveron a sorte de visitar a granxa de explotación porcina da familia dun dos seus compañeiros, Xoán Vilasó, o cal ensinou e explicou o que se leva a cabo no recinto agrario xunto a súa nai. Nela, os estudantes puideron observar as distintas naves onde habitan os porcos durante as distintas fases da súa vida, dende que nacen e son aínda leitóns ata que crecen e son destinados á ser nais de novos cochos. Esta visita non sería posible sen a axuda do profesor da materia, Juan González, o cal ofreceuse para levar a unha parte dos alumnos nun microbús, ao igual ca nai de Xoán, a cal ademáis de levar á outra parte dos alumnos, otorgou a cada un deles un traxe especial para levar a cabo a visita. Grazas a esta visita, os alumnos poden completar o seu coñecemento acerca as paisaxes agrarias de Galicia, contido presente no temario para as probas ABAU.