
Onte foi un día moi especial para os nosos pequenos e pequenas de 3 anos!
Como parte final do noso proxecto “Laranxa e Limón” fixemos unha emocionante visita á Praza de Abastos.
Os nenos tiveron a oportunidade de coñecer de preto diferentes alimentos frescos e aprender sobre a importancia dunha alimentación saudable. Cos ollos cheos de curiosidade, percorremos os distintos postos e fixemos unha compra variada de froitas para degustar na clase todos xuntos.
Sen dúbida, un peque de proxecto inesquecible!


