
O teatro chega ao noso colexio!
Esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria tivo a sorte de asistir ao teatro!
O pasado martes o salón de actos do noso colexio encheuse de arte. Desta vez tratouse da obra “Treasure Island” a cargo da compañía de teatro escolar Transeduca.
As nenas e nenos gozaron dunha fermosa interpretación á vez que puxeron en práctica os seus coñecementos de lingua inglesa.
Que mellor forma de aprender que motivándonos con actividades tan emocionantes!


