O SUPER PODER DE SER DIFERENTES
Como é posible que poñendo as nosas pequenas miradas no mesmo e único modelo terminemos cun compendio de marabillosas producións totalmente diferentes?
En ocasións empeñámonos en que as cousas teñen que ser dunha maneira e non doutra, simplemente porque sempre foi así ou “porque o digo eu”.
Cada neno é diferente e ten as súas propias potencialidades e talentos. Pais e mestres só deberiamos acompañalos e axudarlles a desenvolver estes aspectos como parte dun desenvolvemento psico-emocional completo. E isto é tan fácil como deixar que as cousas flúan con naturalidade, sen imposicións nin restricións;
cada neno é único e irrepetible e cada un nace cun talento diferente!
LUISA PÁJARO
SONIA FRANCO
Mestras de Educación Infantil