O noso colexio representado no Modelo de Parlamento Europeo
Froila Sarmiento, Carlos Trillo e Álvaro López, que actualmente cursan 2.º de Bacharelato, representaron ao colexio na fase Nacional do Modelo de Parlamento Europeo. Estes alumnos foron seleccionados despois de superar a Fase Autonómica, que tivo lugar o curso pasado no hemiciclo do Parlamento de Galicia. A Sesión Nacional tiña que celebrarse en Zaragoza, pero a causa da situación actual, reuniron a rapaces de toda España nunha sesión on line na que se debateron diversos temas de gran relevancia na actualidade como o cambio climático, o envellecemento da poboación, a enxenería económica e a trata de seres humanos. Froila foi seleccionada, entre os dez mellores alumnos de España, para representar a Galicia na Fase Internacional.
Froila Sarmiento: “Para min, o MEP foi unha experiencia inesquecible.Sen dúbida, o Modelo de Parlamento Europeo, á parte de mellorar as miñas capacidades de oratoria, perfeccionou o meu pensamento crítico. Así mesmo, tiven a gran oportunidade de coñecer xente de diferentes lugares e os seus distintos puntos de vista”.
Álvaro López Sánchez: “Entrar no MEP permitiume formar unha opinión propia e ter a capacidade de expoñela con seguridade fronte os demais. Pero se de verdade hai algo que me ensinou a medrar como persoa, foi aprender a escoitar os diferentes pensamentos dos que nos rodean e saber respetalos, para así, entre todos, poñer solucións aos problemas que nos afectan como sociedade”.
Este curso 20-21, estamos nunha una nova edicción deste programa de debate parlamentario. Para a fase Autónomica que se celebrará os días 5 e 6 de Febreiro,foron seleccionados, Unha vez realizada a fase escolar, os alumnos de 1.º de Bacharelato: Alba Mei Abalo, Eva Baltar, Magdalena Carranza, Alba Gándara, Sofía López, Ada Diana Quintela, Marta Seoane e Xaquín Vieites.
Desexámoslle moita sorte a todos eles.