
Mens sana in corpore sano!
Como nos gusta buscar información, seleccionala, contrastala e utilizala como axuda para crear a nosa propia aprendizaxe!
Isto é o que estiveron a facer estas semanas as nenas e nenos de 3º de primaria como parte do primeiro proxecto deste segundo trimestre. O alumnado estivo focalizado no coidado da saúde tanto física como mental e emocional. Cada grupo cooperativo centrouse nun tema específico: alimentación, hixiene, benestar emocional, exercicio físico… Sobre o que tiveron que buscar e recoller información. Unha vez que xa tiñan o tema controlado, tiveron que usar a súa creatividade para sintetizar a información, elaborar un mural e así poder compartir o seu coñecemento co resto do alumnado.
Os nenos e nenas teñen a oportunidade de realizar este tipo de actividades cos seus Chromebooks e isto resúltalles moi motivador. Á vez que van aprendendo a manexarse coas novas tecnoloxías con maior soltura o alumnado está demostrando ter unha gran responsabilidade e capacidade para traballar con estes dispositivos.
Sigamos creando a nosa propia aprendizaxe!



