
Maxia ou ciencia?
O noso colexio tivo a sorte de poder contar cun súper equipo de pequenas científicas e científicos durante o mes de xaneiro.
O alumnado de 2º de primaria levou a cabo un interesante proxecto no que traballou e experimentou coa ciencia nos seus diversos campos. Durante tres semanas estiveron aprendendo a través da realización de experimentos de óptica, química, forzas, materia e enerxía. Tanto o profesorado coma os nenos e nenas viviron con entusiasmo a elaboración de experimentos que, en ocasións, parecían máis cousa da maxia que de ciencia!
As nenas e nenos estaban tan motivados que non dubidaron en implicarse coas súas familias para preparar os seus propios experimentos na casa. A súa emoción ao compartir o seu traballo cos compañeiros e compañeiras da clase foi moi gratificante. O que temos claro é que este tipo de experiencias son das que non se esquecen.
Seguimos confiando en que a mellor maneira de aprender é a través da práctica!
Vivan os nosos pequenos investigadores!




