Back

1,2,3… marchando

A psicomotricidade como parte fundamental do desenvolvemento integral

das nosas nenas e nenos.

A psicomotricidade divídese en dúas partes: motora e psíquica. A unión destes constitúe parte do proceso de desenvolvemento integral das persoas. A importancia da psicomotricidade nos primeiros anos de vida das persoas é básica, xa que a aprendizaxe prodúcese mediante o movemento, a acción do neno sobre o medio e as vivencias.

A psicomotricidade xoga un papel fundamental no desenvolvemento dos menos e nenas:

  • • A nivel motor: permite que o neno domine o movemento corporal.
  • • A nivel cognitivo:permítelle ao neno mellorar a memoria, a atención e a concentración.
  • • A nivel social e afectivo: permite aos nenos coñecer e enfrontarse aos seus medos, así como relacionarse cos demais.

Na aula de psicomotricidade adquire nocións de espazo, tempo, lateralidade, relacionadas co seu corpo, obxectos, situacións que facilitan a adquisición de novas aprendizaxes, e o desenvolvemento das súas capacidades. Por iso o noso alumnado sempre estará en movemento.

PURI GONZÁLEZ

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.