
La Salle na fase internacional do Modelo de Parlamento Europeo
Todo un éxito. Catro alumnos do colexio “La Salle” de Santiago, Marta Seoane, Sofía López, Magdalena Carranza e Pedro Vázquez foron seleccionados para participar na Fase Internacional do Modelo de Parlamento Europeo.
O MEP é un programa educativo a nivel Europeo que reúne a mozos de todo o continente para intercambiar ideas e opinións sobre diversos temas propostos e que pretende fomentar nos estudantes a cultura de debate parlamentario Para chegar á Fase Internacional, Marta, Sofía, Magdalena e Pedro, tiveron que superar con éxito unha Fase Nacional previa que se celebrou en Madrid no Congreso dos Deputados, na que mozos e mozas de toda España, fixeron propostas de lei que foron levadas a unha Asemblea Xeral, onde actuaron como auténticos parlamentarios. Alí, ofreceron emendas, discursos á totalidade e defenderon as súas propios ideais.
Sofía e Magdalena estiveron en Milán (Italia) en outubro.
Marta en Sofía (Bulgaria) en novembro.
E Pedro na Haia (Holanda) agora en xaneiro como portavoz da delegación española.
Felicitamos tamén a Alejandro Arza, Arturo Ponte e Laura Suárez xa que foron seleccionados para a próxima sesión Nacional que se vai a celebrar en Madrid, no Congreso dos Deputados, do 25 ao 27 de Marzo
Parabéns a todos eles polo seu excelente traballo!


