Back

Programas La Salle - Irati

Programa para a Xestión do Coñecemento e o Pensamento Estratéxico

O programa Irati é un conxunto de procedementos que asegura un procesamento intelixente da información para poder transformala en coñecemento.

Nun mundo saturado de información, onde o coñecemento se multiplica en segundos, o acceso e as fontes son infinitos, atopámonos coa necesidade fundamental de aprender a xestionar esa inxente cantidade de datos.

Necesitamos dispoñer de recursos e estratexias tanto para a validación das fontes como para a síntese e tratamento de dita información. O obxectivo é visualizar, comprender, reter e comunicar ou externalizar o traballado. Con este programa facilitamos ao alumnado estratexias de mapping, Ishikawa, infografías, diagrama Gantt, e outras en liña de “visual thinking”.