
INTERNIVEL: MAKER
O ensino do pensamento computacional impacta non só no desenvolvemento das competencias e habilidades para a resolución de problemas, de comunicación e para traballar de forma colaborativa; ademais, fomenta actitudes no alumnado como: autoconfianza, persistencia, tolerancia e toma de decisións.
Este contido dixital presenta tres tipos de actividades: desconectadas ou a realizar co corpo, conectadas ou con dispositivos dixitais, no noso caso coa Tablet e o programa de Scratch Junior.
E neste terceiro trimestre, despois dun traballo con diferentes materiais e mesmo co noso propio corpo comezamos a pasar as aprendizaxes á Tablet, onde o noso amigo Scratch poñeranos retos que entre todos debemos conseguir.
Scratch Jr. é unha ferramenta moi completa de programación visual. Permite traballar co alumnado os conceptos computacionais básicos.
Equipo didáctico Educación Infantil



