
Intercambio con Nantes
Despois de catro largos meses de espera, por fin os nosos alumnos de 2oESO reencontraronse cos seus correspondentes franceses fundíndose en bicos e abrazos.
O programa da semana estivo cargado de cousas: visitas culturais aos lugares máis emblemáticos de Nantes, clases de inmersión e conversación no colexio, xogos nun mercado e pola rúa e un día enteiro no parque do Puy du fou, disfrutando de espectáculos históricos incribles. Ademais, os santiagueses puideron pasar tempo coa súa familia francesa e practicar a lingua.
Sen dúbida unha experiencia que lles fixo crecer como persoas e que non esquecerán fácilmente.
Ana Roel e Juan González



