
Imos de peregrinación!
O venres 9 de decembro, o alumnado mais os profesores e profesoras do colexio tivemos unha xornada moi especial.
As nenas e nenos xunto co profesorado fixemos unha peregrinación como homenaxe ao Ano Santo Xacobeo. Saímos a primeira hora da mañá e comezamos a nosa andaina polo casco vello de Santiago. Tivemos a oportunidade de poder entrar na catedral e visitar a tumba do Apóstolo Santiago.
O alumnado de Secundaria tivo unha celebración moi especial na propia catedral e os nenos e nenas de infantil e primaria puideron compartir un momento moi emotivo na Igrexa de San Paio.
Sen dúbida, foi un día que non esqueceremos!





