Back

Imos de excursión!

O pasado xoves foi un día marabilloso para o alumnado de primaria de noso colexio!

As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de primaria puideron  gozar da tan ansiada excursión de fin de curso!

Cada nivel puido desfrutar dunha experiencia diferente, pero todas igual de especiais e divertidas:

-1º de primaria foi á Casa do Queixo en Grixalva.

-2º de primaria foi á Granxa Escola Serantellos en Cambados.

-3º de primaria foi á Casa do Patrón en Lalín.

-4º de primaria foi ao zoolóxico de Marcelle Natureza en Outeiro de Rey.

-5º de primaria foi ao Galipark en Padrón.

Houbo un pouco de todo: saídas á natureza, contacto con distintas especies de animais, aprendizaxe de como facer pan e queixo, aproximación e coñecemento de distintas tradicións galegas, e incluso xogos, aventuras e experiencias nun parque multiaventura.

O alumnado de 6º terá que esperar uns días máis para a súa saída, pero estamos seguras de que merecerá moito a pena.

Estes días ofrécennos momentos de convivencia que axudan a crear uns vínculos moi especiais entre os nenos e nenas e tamén co profesorado. Deixamos por unhas horas as aulas para coñecernos en contextos totalmente distintos.

Sentímonos moi orgullosos e orgullosas do comportamento do noso alumnado. Agora agardaremos con moitas ganas ás excursións e aventuras que nos traerá o próximo curso escolar!