
Imos de estrea!
Fai uns días, as nenas e nenos de 2º de primaria viviron unha xornada do máis divertida!
O martes 22 de abril, o alumnado de 2º de primaria acudiu ao Pazo de Quián, en Sergude, á presentación do libro: “Os Bolechas, os incendios forestais”.
Alí, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez Rodríguez, contounos xunto aos Bombeiros Forestais de Galicia e coa compañía dos mesmos Bolechas ao completo, o importante que é coidar do planeta Terra.
Grazas pola experiencia e polos agasallos, encantounos a visita!




