
Imos ao teatro!
A semana pasada, as nenas e nenos de 5º de primaria puideron gozar dunha fermosa obra de teatro en lingua galega chamada: “O mundo está roto pero pódese cambiar”.
A obra trataba sobre unha nena e a súa relación coa lectura; o noso alumnado desfrutou moito e todos e todas quedamos con moitas ganas de repetir.
Sentímonos moi afortunadas e afortunados de poder gozar deste tipo de experiencias tan enriquecedoras!


