
Imos ao laboratorio!
A semana pasada, as nenas e nenos de 2º de primaria tiveron unha marabillosa experiencia!
Despois de estar algunhas sesións traballando coas plantas nos seminarios de naturais, puideron asistir ao laboratorio do colexio a poñer os seus coñecementos en práctica.
Traballaron por grupos co alumnado de 1º de bacharelato, que se encargou de ensinarlles a facer a disección dunha flor. Estiveron utilizando distinto material de laboratorio para cortar, observaron con varias lupas por grupo, e plasmaron todo o seu traballo nun fermoso recurso que puideron levar para as súas casas.
Foi estupendo ver como os maiores explicaban e guiaban aos máis pequenos durante toda a actividade. O alumnado de 1º estaba moi emocionado por poder traballar cos estudantes de bacharelato do cole. Resultou todo un éxito, no que ambas partes se atopaban moi motivadas!
Grazas ao profesor Gustavo e ao alumnado de 1º de bacharelato por, unha vez máis, colaborar e implicarse para que este tipo de actividades sexan posibles!
Agardamos con ganas o seguinte encontro!








