Back

Celebramos o Olimpo Lasaliano!

A semana pasada, as nenas e nenos de 1º e 2º de primaria tiveron unha xornada do máis especial!

Chegou a hora de poñer fin ao proxecto de “Olimpo lasaliano” cunha tarde de xogos e deporte do máis especial.

Despois de semanas falando de diferentes tipos de deporte, regras e compañeirismo no xogo, tocou xogar e participar en seis deportes en equipo distintos: carreiras de relevos, baloncesto, carreiras con globos, probas de equilibrio, saltos con aros, entre outros!

O alumnado de 1º e 2º estivo mesturado e dividido en seis grupos heteroxéneos e foron rotando ao longo da tarde a través dos diferentes xogos e deportes preparados e dirixidos por cada unha das profesoras.

Parabéns ás nenas e nenos pola súa participación e cumprimento das normas. Demostraron saber facer e cumprir todo o aprendido nas aulas. Grazas ás súas profesoras pola organización dunha xornada tan divertida!

Agardamos poder repetir pronto!