GRAN DEBUXO… O HOME DE VITRUVIO
Leonardo mergúllase nos estudos anatómicos tras a descrición que Vitruvio fixo do corpo humano e das súas proporcións ideais.
E o alumnado de educación infantil segue investigando sobre este xenio do Renacemento. Esta semana experimentamos coas proporcións do corpo, seguindo as pautas do debuxo do home de Vitruvio. Comprobamos que as proporcións que nos deu Leonardo eran correctas.
Non hai nada mellor que experimentar, isto levounos a aprender moitas cousas e a pasalo ben.
PURI GOZÁLEZ
Mestra de Educación Infantil