
Godly Play
GODLY PLAY é unha das versións da tradición Montessori aplicada á dirección espiritual dos nosos nenos e nenas. Preséntalles con imaxinación e rigor as historias da Biblia aos alumnos e alumnas.
A sala contén andeis cheos de obxectos que poden usar. Son obxectos que representan, e dan vida, ás imaxes da linguaxe relixiosa.
Unha sesión de Godly Play segue este formato:
- · Entrada, benvida e preparación (montaxe); na porta damos a benvida e sentámonos unha vez que nos sintamos preparados.
- · Historia sagrada (escoita e responde á palabra); cóntase a historia da Biblia e os nenos e nenas deciden como queren responder á historia, utilizando materiais artísticos ou a través do xogo.
- · Festa; todos xuntos celebramos unha festa, en círculo, despois da sesión de actividades, cun pequeno aperitivo.
EQUIPO GODLY PLAY



