Elección do novo Superior Xeral dos Irmáns de La Salle
O Irmán Armin Luistro foi nomeado novo Superior Xeral do Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás. Trátase do 28.º sucesor de san Xoán Bautista de La Salle.
A elección prodúcese oito anos despois de que se nomease o anterior Goberno en 2014, tamén en Roma. En absoluto silencio, os 70 Irmáns capitulares depositaron o seu voto nunha urna para elixir o Superior Xeral. Ao pronunciar o nome do elixido, todos os Irmáns presentes na Sala felicitaron o recentemente elixido Superior Xeral.
O Irmán Armin Altamirano Luistro naceu o 24 de decembro de 1961. Ingresou no Escolasticado de La Salle (o centro de formación académica dos Irmáns das Escolas Cristiás) en Manila en abril de 1979, mentres estudaba na Universidade De La Salle ( DLSU).
Recibiu o hábito relixioso en outubro de 1981, emitiu os seus primeiros votos relixiosos en outubro de 1982 e os definitivos en maio de 1988. Comezou a súa profesión docente en La Salle Lipa, en Batangas, onde exerceu como profesor de relixión, orientador e encargado de pastoral desde 1983 ata 1986. O 26 de agosto de 2000, o Irmán Armin cofundou con Josef Suwatan, bispo católico de Manado, a Universidade Católica De La Salle en Manado, agora coñecida como Universidade De La Salle Indonesia.
Foi ministro de Educación de Filipinas desde xuño de 2010 ata 2016. Anteriormente, dirixiu a Universidade De La Salle, da que foi presidente desde abril do 2004 ata xuño de 2010.
En anos anteriores, tamén foi presidente do sistema universitario de La Salle e de varias escolas de La Salle. De 2017 a 2019 volveu exercer como presidente de La Salle Filipinas, a rede de colexios La Salle no país. Actualmente é membro do consello de administración de Philippine Business for Social Progress( PBSP), a maior organización non gobernamental do país dirixida por empresas. En maio de 2019 foi nomeado Irmán Visitador do Distrito Lasaliano de Asia Oriental.
O Irmán Armin tamén ocupou diversos cargos noutras organizacións gobernamentais e intergobernamentais, como o Consello Asesor da Comisión Nacional da Mocidade(NYC), a Comisión Nacional da UNESCO de Filipinas e a Organización de Ministros de Educación do Sueste Asiático(SEAMEO).
Tamén foi membro activo do Consello Filipino para a Certificación de Ong (PCNC), a Fundación Knowledge Channel, a Philippine Business for Education ( PBEd) a Fundación Sidhay para los Nenos da Rúa.
O Irmán Armin ten un doutoramento en Xestión da Educación pola Universidade Saint La Salle de Bacolod e un máster en Educación Relixiosa e Valores pola Universidade De La Salle de Manila. Ademais, é licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade De La Salle.