Back

Ed. Infantil · O cole na casa

O pasado 13 de marzo enviamos a nosa primeira carta ás familias de educación infantil. Pensabamos daquela que habían ser máis de 15 días de espera para volver incorporarnos á aula. Hoxe, tristemente, temos a certeza de que non poderemos volver estar cos nosos nenos e nenas na aula neste curso.

Ao longo destes días, o equipo de educación infantil tentou adaptarse a marchas forzadas a esta nova realidade, tratando de acompañar os nosos alumnos e as súas familias neste camiñar cheo de preocupacións e incertezas.

Puxemos toda a nosa intención en ser un constante apoio tanto para os nosos alumnos como para as súas familias, ao mesmo tempo nós tamén nos sentimos apoiadas e acompañadas por eles, porque en todo momento nos mostraron a súa gratitude e agarimo durante este período.

Os nosos nenos e nenas nunca deixan de sorprendernos, son un claro exemplo de resiliencia, a súa capacidade de adaptación é marabillosa, pero non queda atrás o gran esforzo dos seus pais e nais, sendo agora máis que nunca, vínculo de unión entre familia e escola.

Grazas, de corazón, por camiñar xuntos.