
E QUE A MAXIA CONTINÚE
En educación infantil comenzamos o novo ano con ilusión, desfrutando todos os días dos xoguetes que
nos agasallaron durante as vacacións.
Unha boa maneira de aprender a compartir con agarimo cos nosos amigos, aprendendo tamén que iso non significa entregalo todo sen contemplacións ao instante. Compartir é ceder o noso con respecto, primeiro de cara a nós mesmos e despois cara os demáis. E finalmente valorar o ben que senta compartir, pois todos gañamos (en amor, ledicia, comunidade…)
E agora, a continuar compartindo maxia e vida neste ano Novo 2023!
CRISTINA CASTRO
Mestra de Educación Infantil


